Noticias
20 de setembro de 2011
TVG2 retransmitirá o emocionante derbi Burela FS-Ponte Ourense (17.30 horas)

O partido Burela FS-Ponte Ourense, correspondente á 3ª xornada da Primeira División (24 de setembro), adiantarase ás 17.30 horas (Vista Alegre) por petición da CRTVG.

O encontro poderase ver en directo a través de www.crtvg.es e en diferido por TVG2, ese mesmo día ás 20.00 horas, despois do Alcorcón-Deportivo (Segunda División de Fútbol), previsto para as 18.00 horas.

Semana Europea da Mobilidade. Os xogadores e xogadoras do Burela FS Pescados Rubén obsequiarán mañá aos participantes na actividade lúdico-deportiva 'Dispara a Gol' con invitacións para o derbi autonómico; será na praza do Concello (17.00-19.00 horas). 'Dispara a Gol' está enmarcada na Semana Europea da Mobilidade organizada pola Concellería de Ambiente de Burela (16-22 de setembro).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores