Noticias
23 de setembro de 2011
O curso 2011-12 dará comezo o luns 26 de setembro

A ED EON Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2011-12, que dará comezo o vindeiro luns, 26 de setembro.

[HORARIOS ADESTRAMENTOS 2011-12]

[CONFIGURACIÓN DE GRUPOS]

Para facilitar a programación dos equipos laranxas sénior e a volta ao cole deportivo dos máis pequenos, o CEIP Vista Alegre e os IES Monte Castelo e O Perdouro tiveron a xentileza de adaptar os seus horarios de uso de pavillóns, marcados dende a Consellería de Educación e a Concellería de Deportes.


PREBENXAMÍN

Prebenxamín A (nados/as en 2004): Mércores (Os Castros, 19.30-20.30) e Xoves (Os Castros, 19.45-20.45)

Prebenxamín B (nados/as en 2005): Martes (Vista Alegre, 16.00-17.00) e Xoves (Vista Alegre, 16.00-17.00)


BENXAMÍN

* Os/As alumnos/as desta categoría deben consultar a configuración de grupos para confirmar a que equipo pertencen.

Benxamín A: Martes (Os Castros, 19.00-20.00) e Venres (Monte Castelo, 19.15-20.30)

Benxamín B: Mércores (Vista Alegre, 17.00-18.00) e Venres (Os Castros, 19.30-20.30)


ALEVÍN

* Os/As alumnos/as desta categoría deben consultar a configuración de grupos para confirmar a que equipo pertencen.

Alevín A: Luns (Monte Castelo, 19.35-20-45) e Xoves (Monte Castelo, 18.45-19.45)

Alevín B: Luns (Vista Alegre, 17.00-18.00) e Xoves (Vista Alegre, 17.00-18.00)


INFANTIL

Infantil MASCULINO: Mércores (Monte Castelo, 18.45-20.00) e Venres (Monte Castelo, 18.00-19.15)

Infantil FEMININO: Martes (Vista Alegre, 17.00-18.00) e Xoves (Os Castros, 17.00-18.00)


Estes horarios tamén se poderán consultar nos taboleiros dos pavillóns e na oficina do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores