Noticias
27 de setembro de 2011
Jozi pon rumbo ao Sudamericano 2011 (Venezuela, 1-14 outubro)

A gardameta laranxa Joziane de Oliveira partiu hoxe con rumbo ao Brasil para reunirse coa selección canarinha, que disputará o Sudamericano 2011 en Maracay, Venezuela, entre o 1 e o 14 de outubro.

Jozi, que volverá pisar terras galegas o 16 de outubro, perderá dúas xornadas da liga co Burela FS-Pescados Rubén, ante Cajasur Córdoba (día 1) e Majadahonda (día 15). “Marcho con mágoa por non poder acompañar o equipo na evolución do comezo de tempada, pero en Venezuela estará o posible cadro que disputará o mundial de decembro e non podo perder esta oportunidade. Estou segura de que as miñas compañeiras burelistas poderán realizar un bo papel na miña ausencia” dixo a porteira internacional.

Despois dunha semana de preparación no Centro de Adestramento Aécio de Borba Vasconcelos, en Fortaleza, a selección brasileira viaxará a Maracay para ter como rivais da primeira fase a Bolivia, Colombia, Paraguai e Ecuador. O outro grupo estará composto por Arxentina, Chile, Uruguai, Perú e a anfitrioa. Da Primeira División Feminina Española, tamén foi reclamada polo combinado canarinho a ala-pivote Ju Delgado, do Móstoles FSF.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores