Noticias
29 de setembro de 2011
Un Vista Alegre hostil agarda as burelás en Córdoba

Ao Burela FS Pescados Rubén tócalle proseguir a súa xesta contra os muíños de vento do calendario de Primeira no inicio de tempada. Primeiro foi o campión da Copa de España, o Móstoles; despois o campión de liga e Supercopa, o Ponte; e para este sábado, na cuarta xornada, un Vista Alegre hostil (18.30 horas), moi diferente ao da maxia laranxa, agarda as burelás en Córdoba. A última vez que se viron as caras foi en cuartos da Copa Burela 2011, con triunfo para as mariñás (4-3).

As laranxas terán enfronte a un rival da parte alta da táboa, que se sitúa por detrás do Femesala Elche e o Queralt Gironella (9) grazas a dúas firmes vitorias (Soto del Real 8-0 e Majadahonda 3-9) e a un importantísimo empate (Ponte Ourense 2-2). Con estes números, o Cajasur Córdoba lidera a lista de máximos goleadores neste comezo ligueiro, con 19 dianas xunto ao Femesala.

As pupilas de Javier Pardeiro medirán as súas forzas a un bloque que conserva a estrutura da tempada pasada, cos reforzos da ala-pivote Beíta, ex do Móstoles, e a universal Amelia, procedente do Cádiz, de Prata.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores