Noticias
5 de outubro de 2011
Descanso da Primeira División Feminina

A Primeira División Feminina afronta esta fin de semana o primeiro descanso da tempada, debido aos compromisos da Selección Española, que disputará dous amigables ante Rusia, o 9 e 10 de outubro, en Ourense.

A escuadra de Javier Pardeiro mantén estes días a intensidade dos adestramentos para volver na mellor forma.  Retomará a competición o 15 de outubro, na pista do novel Majadahonda FSF/Afar 4, aínda sen Jozi, que regresará do Sudamericano 2011 (Venezuela) o día 17. O Natudelia.com Zaragoza será o rival das burelistas no seu regreso a Vista Alegre, o día 22.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores