Noticias
14 de outubro de 2011
Noia e Mera, rivais copeiros do Burela FS

O Noia FS e o Mera FS, da Segunda División B, serán os rivais do Burela FS-Pescados Rubén nos próximos compromisos copeiros, entre outubro e novembro.

O conxunto noiés, de Segunda B, medirase aos laranxas, na segunda eliminatoria da Copa do Rei, que terá lugar en terras coruñesas o 1 de novembro, nun só partido, xunto ao O Parrulo FS-Cidade de Narón, Dominicos-UPV Maristas Valencia, Centelles-Playas de Castellón, Bar Mi Casa-Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, Zalatambor Area 99-Hotels Plaza Andorra, Kirol Sport-Sala 5 Martorell, Ziérbana-Hospitalet Bellsport, Incosur Coineña-Melilla, Mutrayil Mercomotril-Ceuta, Uruguay Peruanos-Gáldar Gran Canaria, Alamín-Los Álamos El Pino, Extremadura-Manzanares, AP Brihuega-Fuconsa Jaén, Leganés-Oxipharma e Pilaristas-UMA Antequera. O sorteo da terceira eliminatoria, entre os clasificados e os representantes da Primeira División, será o 8 de novembro.

Como clasificado da primeira fase, o Mera FS, tamén da Segunda División B, enfrontarase ao Pescados Rubén nos cuartos de final da XXI Copa Galicia. Os laranxas deberán disputar a eliminatoria, a partido único, como visitantes antes do 30 de novembro. SD Pazos Borbén (3ª D.)-Autos Lobelle de Santiago (1ª D.), Bembrive FS (2ª B)-Azkar Lugo (1ª D.) e Noia FS (2ª B)-Narón FS (2ª B) completan os cruzamentos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores