Noticias
27 de outubro de 2011
O colíder agarda o Pescados Rubén en Gironella

Trepidante cita a que agarda ao CD Burela FS-Pescados Rubén este sábado en Gironella, na pista do Queralt, actual colíder da Primeira División Feminina xunto ao Atlético de Madrid Navalcarnero (15 puntos). O pavillón municipal da localidade barcelonesa acollerá o encontro a partir das 18.15 horas, nunha xornada, a sétima, na que a emoción se propaga entre os de arriba, con duelos engadidos ao laranxa: Femesala Elche e Cajasur Córdoba (terceiro e cuarto, 13 puntos) e Navalcanero-Ponte Ourense (sexto, 11 puntos).

Coa visita a terras catalás, a escuadra burelista (9 puntos) inaugura un segundo ciclo transcendental na competición para os seus intereses de escalada na táboa, con concatenación de rivais da zona media-alta. Unha vitoria proporcionaríalles ás pupilas de Pardeiro un substancial pulo tanto clasificatorio coma moral. No entanto, non terán as cousas doadas en Gironella, ante un conxunto con boa defensa baixo os paus e bo manexo da pivote, que só cedeu puntos na pista do Soto del Real (4-2).

A recuperación de Peque experimentou unha notoria evolución nos últimos días; a madrileña xa puido tocar balón satisfactoriamente polo que o prazo da súa reincorporación ao equipo se adiantará sensiblemente. Paula non viaxou por motivos de saúde.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores