Noticias
30 de outubro de 2011
As laranxas caen pola mínima (4-3) na súa visita ao Gironella

O Burela Pescados Rubén FSF caeu na cancha do colíder de Primeira (4-3) non sen antes intentar facer valer o seu rápido movemento de balón, buscando ensanchar o campo con aperturas cara ás alas, para atopar físgoas na dobre liña defensiva das catalás.

O único tanto dun primeiro tempo escaso de goles chegaba aos 18 minutos obra de Berta Velasco, á saída dunha falta de directa ao bordo da área. En xogada similar, pero xa no segundo acto, Ro devolvía as táboas ao luminoso no minuto 27. Unhas e outras proseguían co seu denodado esforzo sobre a cancha nunha loita sen cuartel polo triunfo. Superada a medianía do período, Claudia superaba no man a man a Jozi cunha precisa vaselina para facer o segundo tanto local.

Xa no tramo final, a expulsión de Lucía, por interceptar un balón coa man, provocaba un penalti que transformaba Aneta para as locais. Dous despois, a mesma protagonista anotaba un lanzamento desde os dez metros que complicaba a remontada visitante, aínda que o equipo laranxa proseguiu coa súa aposta arriscada e conseguía recortar distancias co xogo de cinco, tras un tanto de Maite. Pouco despois, desde a frontal Claudia facía o 4-3, pero o conxunto catalán soubo manter a súa exigua renda para obter un triunfo que o mantén na parte alta da táboa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores