Noticias
9 de decembro de 2011 Asoc. de Xogadores de FS
O avogado da AXFS rectifica un erro cometido co Burela FS

Nunha entrevista mantida por Doble Penalti co avogado da Asociación de Xogadores de Fútbol Sala e que aparece publicada no último número da citada revista dise que o club da Segunda División da LNFS CD Burela FS Pescados Rubén mantén débedas. É un lapsus linguae, un erro cometido polo avogado da AXFS porque non existe ningunha denuncia contra o Burela FS. O avogado da AXFS, Eduardo Meléndez, pide desculpas ao Club Burela FS y aos seus afeccionados polo erro cometido.

Proba diso é que no listado de clubs non recomendables para fichar no mercado de inverno polas débedas que mantiñan, tanto deste ano coma do pasado, e que foi publicada hai uns días na web da AXFS non aparecía o CD Burela FS Pescados Rubén.

O CD Burela FS Pescados Rubén é un histórico do fútbol sala nacional e mantén desde hai anos un bo cartel entre os xogadores da LNFS. Esta mesma tempada un xogador asociado á AXFS púxose en contacto coa Asociación para informarse sobre o club e a súa situación. A AXFS recomendoulle a fichaxe por este club fronte a outros da súa mesma categoría. Isto ocorre da mesma forma na categoría feminina.

 

[Nota íntegra da AXFS]

 

[Rectificación en Doble Penalti]

 

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores