Noticias
10 de decembro de 2011
A inocencia laranxa permite a remontada do FC Barcelona

O FC Barcelona derrotou (4-3) ao Burela FS Pescados Rubén no último suspiro dun encontro que os cataláns remontaron pola inocencia laranxa.

O primeiro período caracterizouse por unha constante igualdade entre dous equipos que apostaron pola presión alta e rápidas transicións. O Barça golpeou primeiro nos compases iniciais pero a reacción laranxa chegou por mediación de Cleber. O Burela comezou a funcionar mellor co empate e acompañou o seu xogo con máis efectividade que os blaugranas. Turero rubricou unha preciosa acción colectiva para marcar o 1-2 e Ique aumentou a renda co 1-3. Con este resultado chegouse ao descanso.

Na segunda parte, os mariñáns perdoaron a un rival que alimentou a súa esperanza tras marcar o 2-3. A cinco para o final comezou o infortunio laranxa, Cleber tivo que abandonar a pista cunha conmoción cerebral tras un forte golpe sobre o parqué. O Barça xogou con cinco pero apenas inquietou ao cadro burelense ata o último minuto de xogo que foi trepidante. Primeiro Font aproveitou un rexeitamento para situar o empate. Acto seguido, o Burela, con xogo de cinco, tivo nas botas de Víctor Cachón recuperar a vitoria pero esta decantouse, sobre a bucina, do bando blaugrana por mediación de Eric. 

Cleber. O xogador burelao recupérase favorablemente nun hospital barcelonés onde permanecerá en observación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores