Noticias
15 de decembro de 2011
A imaxe máis esperada

Chegou o día máis importante do CD Burela FS Pescados Rubén para inmortalizar o seu décimo aniversario. Xeracións e xeracións de deportistas laranxas, dende prebenxamín ata sénior, déronse cita en Vista Alegre hai uns días nunha reunión na que máis de 150 rapaces protagonizaron a imaxe máis esperada de 2011-12, xunto ás xogadoras, xogadores e corpos técnicos dos equipos de Primeira e Segunda División, directiva, monitores/as e delegados/as da ED EON, persoal médico…

Esta é a quinta tempada da entidade laranxa na xestión da escola deportiva de fútbol sala, cun importante apoio do sector privado e coa colaboración do Concello de Burela. En 2011-12, 8 equipos da escola e os 2 da base do club compoñen a estrutura de futuro do CD Burela FS.

A gran familia laranxa volverá coarse nos fogares mariñáns para felicitar a chegada do novo ano co xa tradicional Calendario Laranxa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores