Noticias
18 de decembro de 2011
O Burela FSF Pescados Rubén vence e colócase en postos de Copa de España

As laranxas gañaron por 6 goles a 1 ao Lacturale CD Orvina. O equipo que adestra Javier Pardeiro impuxo a súa intensidade no segundo tempo e acabou vencendo con claridade a un cadro local que comezou avisando pero sen sorte na transformación.

Co paso dos minutos, as mariñás reaccionaron e terminaron impoñendo o seu xogo. O conxunto burelés lograba o primeiro gol aos doce minutos obra de Claudia, tras culminar cun potente disparo ao bordo do área. Dous minutos despois, nunha perda de balón das locais e logo dunha pelota rexeitada pola cérbera Ana, Dolo aproveitaba para abrir brecha no marcador, nun primeiro acto que non sufriría máis variacións.

Coa renda ao seu favor, o Burela FSF Pescados Rubén conseguía dominar o devir do choque, máxime cando aos 24 minutos nunha perda de balón das locais conseguía anotar o terceiro tanto Lucía. Aproveitando o xogo de cinco das navarras, Jozi desde a súa propia portería poñía o cuarto no electrónico e, dous minutos despois, Dolo superaba no man a man a Ana para facer o quinto tanto. O gol da honra para o Orvina anotábao Andrea a cinco minutos do final, superando por baixo a Jozi e xa co tempo a piques de finalizar, Lucía de tacón dentro do área, tras pase en longo da pechacancelas brasileira, establecía o definitivo 1 a 6.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores