Noticias
18 de decembro de 2011
O cadro laranxa encaixa unha derrota excesiva ante o Valencia (2-5)

Os burelaos pagaron demasiado cara a falta de acerto no marco contrario, do mesmo xeito que notaron en exceso a expulsión de Cleber no primeiro tempo. Non obstante, non mereceron unha derrota tan esaxerada. Froito, en parte, do empeño que puxo o equipo por levantar o partido cunha arriscada táctica de porteiro xogador dende o minuto 25 (cando xa se perdía por 1-4). Ata daquela, os visitantes chegaran pouco e cunha porcentaxe de acerto sorprendente, correspondendo o dominio do xogo ao Burela Pescados Rubén.

A parroquia laranxa animou coma nunca a un conxunto que o deu todo e tivo ocasións de sobra para rematar gañando o partido, pero o electrónico foi cruel co Burela, que dispuña de oportunidades coa mesma facilidade que as fallaban os seus xogadores en boca de gol. Non foi a mellor finalización para o ano que remata en Vista Alegre, pero queda moita Liga. Polo cadro local anotaron Dani Martín e Purao.

Poden ver a secuencia dos goles pinchando aquí para ver a páxina coa crónica do partido.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores