Noticias
19 de decembro de 2011
O Panificadora regala un punto ao Mesón Río Ulla en Vedra, a falta de dous minutos (3-3)

El Panificadora del Eo-Ribadeo FSF regaloulle un punto ao Mesón Río Ulla en Vedra (3-3), no tramo final dun encontro ao que Martínez tivo que desprazarse cun equipo moi novo debido a seis baixas de xogadoras que veñen sendo habituais nas últimas aliñacións. A falta de dous minutos para o final as ribadenses vencían por 1-3 e saboreaban a súa segunda vitoria consecutiva, pero os erros cometidos na fase final do partido amargáronlles a tarde.

O Panificadora era superior ao seu rival e disparaba con frecuencia á portería de Laura, pero unha vez máis, as xogadoras ribadenses déronse de bruzos co infortunio de cara ao gol. Elena, no minuto 12, conseguiu o 0-1 logo dunha serie de rexeitamentos do equipo local. Dous minutos máis tarde Ainoa subiu a igualada desde case vinte metros ao bater a Antía por alto, nun dos poucos disparos do equipo local á portería visitante durante a primeira metade. Aínda que as ribadenses seguían poñendo cerco á portería local, o marcador chegou inamovible ao descanso.

Na continuación as de Martínez insistían no acoso á portería de Laura, así no minuto 27 o colexiado non quixo ver un claro penalti sobre Tania Penabad na área local. Houbo que esperar ata o 31 para que Elvira conseguise de novo adiantar o Panificadora ao recibir un pase de Elena e bater por raso a Laura na súa saída. O 1-3 chegou por obra da capitá, María, de tiro cruzado no minuto 35.

A partir deste momento, as ribadenses empezaron a cometer algúns erros en defensa, véndose obrigadas a recorrer en ocasións a algunhas accións que o colexiado non dubidaba en sancionar como antirregulamentarias; acumularan as 5 faltas e Eva contactou cunha xogadora local cerca do punto de penalti da área ribadense que o colexiado sancionou como a sexta falta. Bego foi a encargada de subir o 2-3 a falta de dous minutos para o final. Pouco despois, un novo lanzamento desde os 10 metros foi detido por Antía. A xogada fatídica chegou a falta de 36 segundos cando o Mesón efectuou un saque de banda; o seu disparo a portería saíu rexeitado cara a unha das súas xogadoras, que de novo disparou con despexamento Antía, pero o balón caeu aos pés de Alba e esta conseguiu o 3-3 definitivo a porta baleira.

O próximo rival do Panificadora, despois do descanso do Nadal, será o Marcón de Pontevedra, equipo que ocupa a 5ª praza da clasificación (7 de xaneiro).

Provincial feminina. O encontro que debería disputarse en Ribadeo entre o Xoula e o Relúa FSF de Xermade foi aprazado a petición do equipo visitante.

Provincial masculina. Nova derrota como locais para os pupilos de Juan Fernández, que se viron superados polo CD Cubelas FS por 4-6 no duelo de rivalidade local.

Ficha técnica

Panificadora do Eo-Ribadeo FS: Antía, Eva, Elvira, María e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Iria, Sabela, Tania Penabad e Arancha.

FSF Mesón Río Ulla: Laura, Ainoa, Marta, Vanessa e Doris, cinco inicial; tamén xogaron Alba, Ivanca, Bego, Alejandra e Valeria.

Árbitros: Gerardo Pájaro Castelao e Yayo Pájaro Gómez, de Santiago. Mostraron cartón amarelo a Ainoa e Bego, polo Mesón Río Ulla, e a Sabela, polo Panificadora.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores