Noticias
30 de decembro de 2011 LNFS
Venda de entradas para a Copa de España Logroño 2012

Os abonos e entradas para a Copa de España 2012, que se celebrará no Palacio de Deportes da Rioxa en Logroño (8 ao 11 de marzo), xa están dispoñibles desde este venres e poden adquirirse on-line, a través da web da Liga Nacional de Fútbol Sala, na dirección www.lnfs.es/Competiciones/temp10-11/34/Tickets.html

Todos os afeccionados de calquera recuncho de España poden adquirir as súas entradas para presenciar in situ un dos torneos máis relevantes da tempada, no que se darán cita os oito mellores equipos da primeira volta da Liga regular: FC Barcelona Alusport, vixente campión do torneo, ElPozo Murcia, Inter Movistar, Caja Segovia, Triman Navarra, OID Talavera, Lobelle de Santiago e Carnicer Torrejón.

Os prezos dos abonos para os sete partidos do torneo e das entradas por día de competición son os seguintes:

• Abono Xeral: 32 €
• Abono Infantil (ata 12 anos): 10 €
• Entrada Xeral Cuartos de Final: 10 €
• Entrada Infantil (ata 12 anos) Cuartos de Final: 3 €
• Entrada Xeral Semifinais e Final: 15 €
• Entrada Infantil (ata 12 anos) Semifinais e Final: 5 €

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores