Noticias
2 de xaneiro de 2012
Os bos resultados acompañaron a base da Mariña na despedida do ano

Os bos resultados acompañaron A Mariña na despedida do ano en pleno Campionato Autonómico de Seleccións Locais de Base. Os representantes da bisbarra regresaron á casa con dous triunfos e un empate ante Lambre, que lles outorgan o salvoconduto de depender de si mesmos para coarse na final.

Os máis pequenos abriron a cita no pavillón coruñés de Curtis impoñéndose por 4-0; despois os alevíns conseguiron un rifadísimo empate (2-2) e unha nova vitoria, por parte dos infantís (5-4), pechou a xornada.

A selección de Lugo será o próximo rival dos mariñáns na primeira fase, o domingo 8 de xaneiro, no pavillón municipal de Xove. O combinado cadete estrearase neste cruzamento, posto que a comarca de Lambre non presentou cadro na categoría.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores