Noticias
7 de xaneiro de 2012
Dani Martín rescata un punto nun encontro no que o Burela mereceu mellor sorte

O Burela FS Pescados Rubén rescata un punto nos instantes finais cun gol de Dani Martín. O duelo na complicada pista do Fuconsa Jaén tinguiuse de laranxa dende o asubío inicial. Cunha presión asfixiante, transicións rápidas e xogo de posesión, o conxunto dirixido por Quique García atou de mans o conxunto de Dani Rodríguez que non lograba sacurdir o dominio burelao.

 

O protagonista local da tarde foi o seu porteiro. Toño desfixo as numerosas ocasión galegas ata que Ique logrou establecer o 0-1, minuto 15. Ao descanso chegouse coa escasa renda burelá. A segunda metade comezou coa mesma tónica. O trepidante ritmo de xogo imposto polo Burela era un lastre para un Fuconsa case inédito en ataque e con moito traballo na súa meta. Excelente a actuación de Toño que evitou o despegamento laranxa. No ecuador do segundo tempo, emerxeu o oportunismo de José López e Lolo Jarque para remontar o partido tras dous descoidos visitantes.

 

Con 2-1 favorable e unha afección afanada que remataba de crer o resultado momentáneo, ambos os conxuntos enfiaron o tramo decisivo. Cinco para o final e xogo de cinco para o Burela que desenvolveu á perfección agás na definición. As ocasións eran continuas mais faltaba o merecido premio do empate. Entón xurdiu a figura de Dani Martín que selou un merecido empate, no último minuto, aínda que con sabor agridoce.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores