Noticias
9 de xaneiro de 2012
A ED EON Burela FS Alevín adxudícase o Cidade da Coruña

A ED EON Burela FS adxudicouse o sábado pasado o III Trofeo de Reis Cidade da Coruña na categoría alevín, despois de impoñerse ao Mare Nostrum (2-2) e a O Parrulo (1-1) nos penaltis.

O conxunto benxamín da Mariña tamén desenvolveu un papel meritorio na cita herculina; conseguiu o pase tamén en penaltis ante O Parrulo (4-4), no entanto, na final, ante o Club del Mar, non correu a mesma fortuna (4-8).

Outra das citas coas que a base burelista despediu as datas de Nadal foi o III Torneo AD Santiago de Foz 2012, nas categorías Mini-Prebenxamín (Praia de Covas 5-1 ED EON, Santiago de Foz 5-3 ED EON, SD Ribadeo FS 7-0 ED EON) e Prebenxamín (Santiago de Foz 4-1 ED EON, Ribadeo FS 3-0 ED EON, ED EON 3-0 Os Meigallos FS, Praia de Covas 5-0 ED EON).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores