Noticias
14 de xaneiro de 2012
As adversidades frean o ímpeto do Burela FS en Murcia (3-2)

O Burela FS Pescados Rubén viu freado o seu ímpeto esta tarde na pista de ElPozo Murcia (3-2) nun encontro condicionado excesivamente pola acumulación de faltas, ademais de facer fronte á expulsión de Clebinho.

Nunha primeira parte moi equilibrada na que ambas as escuadras amosaron as súas mellores armas, o luminoso recibiu o período de descanso con vantaxe para os locais; no minuto 18, Franklin materializou un dobre penalti, tras unha man involutaria de Víctor López, nun despexe un tanto dubidoso do meta local.

No reinicio, Bebeto estreou a camiseta laranxa coa igualada (minuto 28). Como xa ocorrera no primeiro período, ElPozo puido avantaxar superado o ecuador do tempo (minuto 33), co Pescados Rubén repregado xa na defensa polas cinco faltas. A pesar das adversidades, cando dominaban o xogo e as ocasións, os galegos tiveron que reaxustar as súas filas ante a expulsión de Clebinho con vermella, por facer observacións a unha decisión arbitral, e así, en superioridade numérica, chegou o 3-1 para os levantinos, da autoría de Enrique (35). A reacción dos laranxas, con André abandeirando o xogo de cinco, tivo nas zapatillas de Bebeto, de novo, o 3-2 (minuto 39), sen tempo para máis.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores