Noticias
16 de xaneiro de 2012
Descanso para as ribadenses de Autonómica

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Femininas Sub-17 de Fútbol Sala, con finais entre os días 14 e 15 en Plasencia (Cáceres), paralizaron a liga de Autonómica esta fin de semana.

O Panificadora del Eo-Ribadeo FS volverá á competición xogando de novo como local o vindeiro sábado en Ribadeo, ante O Montiño-Concello de Mos FSF, como inicio da segunda volta. O equipo pontevedrés é segundo con 30 puntos e tan só 3 partidos perdidos. Na primeira volta o resultado foi de 4-1 para as de Mos.

Provincial feminina. Esmagadora vitoria por 0-7 do Xoula-Ribadeo no seu desprazamento a Becerreá. A derrota puido ser máis escandalosa se as ribadenses estivesen máis acertadas nos metros finais; ao descanso o resultado era de 0-3. Ana, Elvira (2), Elena (2), Marta e Carla Bolaños foron as autoras dos goles; tamén xogaron Yoli, Sabela e Antía. A próxima fin de semana as ribadenses desprazaranse a Monterroso, tamén estreando a segunda volta; o primeiro encontro resolveuse 5-3 a favor das mariñás.

Provincial masculina. A grave lesión do xogador ribadense Francisco Rodríguez de la Cuétara, Ico, con rotura do tendón de Aquiles, fixo perder a concentración dos seus compañeiros, que desaproveitaron unha vantaxe de 0-2 para acabar cedendo un 3-2 ao Abadín na súa pista. Os mariñáns iniciarán a segunda volta a próxima fin de semana xogando como visitantes en Baamonde. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores