Noticias
16 de xaneiro de 2012
A Segunda División regresa a Marca TV co Burela Pescados Rubén-Hotels Plaza Andorra

As retransmisións televisivas de partidos de Segunda División volverán este sábado 21 de xaneiro ás 13.00 en Marca TV co partido Burela Pescados Rubén-Hotels Plaza Andorra (Vista Alegre, venres 20, 21.00 horas), dous equipos que aspiran a conseguir o ascenso de categoría ao final de tempada.

Debido á parada de Primeira División pola disputa do Campionato de Europa de seleccións Croacia 2012, a Pista Oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala desprazarase ao pavillón de Vista Alegre para ser o escenario do duelo entre galegos e andorranos. O encontro porá fronte a fronte o segundo clasificado e o noveno, que nestes momentos ten no seu poder o sétimo billete para os play off.

Este será o terceiro dos cinco partidos da categoría que retransmitirá Marca TV ao longo da tempada. Os próximos serán o 28 de xaneiro e 4 de febreiro de 2012, iniciativa que forma parte da política levada a cabo pola Asociación para potenciar a Segunda División.

 

[LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores