Noticias
18 de xaneiro de 2012
Burela FS-Andorra, FESTA LARANXA con ENTRADA GRATUÍTA

As cámaras de Marca TV amosaranlle ao mundo a paixón de Vista Alegre na 17ª xornada da Segunda División entre o Burela FS Pescados Rubén e o Hotels Plaza Andorra, encontro no que o club mariñán agradece a fidelidade da afección declarándoo Festa Laranxa, con entrada gratuíta. O partido terá lugar o venres 20, ás 21.00 horas e poderá seguirse en diferido ao día seguinte, a partir das 13.00 horas.

Para a devandita cita, a bomboneira disporá da Pista Oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala, como alfombra de luxo, e o melodioso ritmo das gaitas, como banda sonora da batalla. Ademais, durante o descanso do partido, o público poderá gozar dunha exhibición da escola mariñá de ximnasia rítmica Porta Norte.

Un pequeno brillo entre a grandiosidade das urbes. A vila burelá acollerá o o terceiro dos cinco partidos da categoría que retransmitirá Marca TV ao longo da tempada, despois de Xaén e Granada. Os próximos serán o 28 de xaneiro e 4 de febreiro de 2012, iniciativa que forma parte da política levada a cabo pola LNFS para potenciar a categoría.

Abono de media tempada. O club burelista xa ten dispoñibles os abonos de media tempada. Nas tarifas especiais, o Abono 25, destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos, será de 20 euros, e o Abono de Xubilado de 30. No que respecta ás tarifas convencionais, o Abono Simple será de 38 euros e o Abono Dúo de 63, coa posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen a necesidade de existir vínculos familiares entre os socios/as. Os menores de 18 anos terán acceso totalmente gratuíto. Horario de atención na sede social: De luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores