Noticias
19 de xaneiro de 2012
Manu incorpórase ao Benicarló-Peñíscola, tras o acordo co Burela FS

O Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo co Benicarló FS-Castell de Peñíscola FS para a incorporación do canteirán Manu Jiménez ata finais da tempada; a entidade mariñá emitiu esta mesma mañá a baixa federativa do xogador. O ala burelao, de 19 anos, continuará a súa formación na estrutura valenciana, á disposición da Segunda División B e da Primeira, en virtude da condición do Peñíscola como filial do Benicarló FS.

Formado na base laranxa, nas dúas últimas tempadas Manu compatibilizou a competición xuvenil co conxunto sénior. Dende a categoría infantil, foi un dos habituais nas convocatorias da Selección Galega, como subcampión Infantil de España (2005-06), campión Sub-20 (2009-10) e subcampión Sub-19 (2010-11).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores