Noticias
21 de xaneiro de 2012
O Andorra empata no último minuto (1-1) ante o Burela FS

Logo de pór todo do empeño e a maior parte das ocasións de gol, o equipo laranxa cedeu un empate no último suspiro, cando parecía que se podía adiantar definitivamente no marcador cun 2-0 e logo dunha discutida decisión arbitral. Os visitantes dispuxeron dun lanzamento de dobre penalti que lles serviu para igualar o encontro no 1-1 definitivo. O partido retransmitirase por Marca TV (diferido, sábado 21, ás 13 horas).

Gobernaba con tino o equipo de Quique García e a penas xeraba ocasións o Andorra nos primeiros minutos, cando chegou o gol de Cristian (1-0, minuto 14) de potente disparo desde fóra da área. Antes tiveran sendas ocasións Bebeto e André para adiantar o Burela FS Pescados Rubén no electrónico. Ique mandou un balón ao poste no minuto 5.

Antes de transformar o seu gol, avisara Cristian con varios tiros perigosos. E o mesmo Juanma, elixido mellor xogador e obsequiado co premio ‘Time Force’, dispuxo de ocasións para incrementar o marcador.

Logo do descanso, o Burela quixo asegurar o resultado e apertou ao Andorra. Sucedéronse as ocasións por obra de Juanma e Víctor López, principalmente. Pero foron os visitantes os que conseguiron perforar a meta de Iago no minuto 40. Logo dunha recuperación dos laranxas, o árbitro pitou falta e correspondeulle a Nacho Llamas transformar un dobre penalti que deixou orfo a Vista Alegre dun resultado máis agradecido para a parroquia burelá.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores