Noticias
23 de xaneiro de 2012 LNFS
Juanma, xogador Time Force do Burela FS-Andorra

Juan Manuel Marrube, pivote do Burela Pescados Rubén, foi elixido 'Xogador Time Force' do encontro de Segunda División televisado en Marca TV entre a escuadra galega e o Hotels Praza Andorra. O xogador recibiu o seu premio como 'MVP' do partido de mans de Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, quen presenciou un partido que finalizou con empate a un gol.

O xogador do conxunto galego mostrouse en todo momento activo en ataque, demostrando ademais a súa solidariedade cos seus compañeiros en tarefas defensivas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores