Noticias
23 de xaneiro de 2012
O Burela-Andorra situou o seu minuto de ouro en 135.000 espectadores

O encontro da 17ª xornada da Segunda División entre o Burela Pescados Rubén e Hotels Plaza Andorra, retransmitido este sábado a nivel nacional en Marca TV, situou o seu pico de audiencia en 110.000 espectadores e un share do 1,1%, fixando o seu minuto de ouro en 135.000 espectadores e un 1,3%.

A audiencia alcanzada no duelo entre galegos e andorranos constitúe un importante crecemento respecto das dúas primeiras retransmisións de Segunda División en Marca TV xa que incrementa nun 80% os 75.000 espectadores alcanzados no minuto de ouro do Fuconsa Jaén-Space Gasifred, superando tamén os 125.000, e o 1,2% de share obtido no partido disputado entre o Oxipharma Granada e Gáldar Gran Canaria.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores