Noticias
24 de xaneiro de 2012
O CEIP Cervo adestra co Burela FS

O alumnado do CEIP Cervo adestrou os últimos días co CD Burela FS, en dúas visitas dos representantes laranxas ao colexio integradas na actividade “Coñece o meu Club, pertencente ao programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte, destinada á promoción da práctica deportiva nos centros educativos.

Na primeira xornada, o venres pasado, o director deportivo da entidade, Marcelo Santoro, e as xogadoras Lidia, Jozi e Cely compartiron a sesión con 22 nenos e nenas do segundo ciclo de Primaria. Onte o fútbol sala tivo como protagonistas os 19 estudantes do terceiro ciclo cervense, que gozaron da práctica deportiva na compaña do adestrador Quique García e dos xogadores Rosana, Bebeto e Víctor López.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores