Noticias
29 de xaneiro de 2012
Repartición de puntos (2-2) do Burela FSF Pescados Rubén en Alacante

Alacantinas e burelás repartiron os puntos nun choque intenso, con dúas escuadras que realizaron un grande esforzo físico sobre a cancha. O Burela FSF Pescados Rubén, que buscaba a súa sexta vitoria consecutiva, conseguía adiantarse aos cinco minutos de partido cun tanto en propia porta de Pao, no seu intento de despexar un remate na área tras unha xogada embarullada.

O gol permitía ao equipo de Javier Pardeiro temperar os nervios e controlar por momentos o curso do partido ante unha Universidade de Alacante que conseguía reaccionar aos quince minutos cun tanto de Susana. Co empate, chegaríase ao descanso.

Na continuación, aínda que o equipo laranxa mostrouse lixeiramente superior, o equilibrio sobre a cancha seguía sendo a nota predominante con dúas escuadras alternando o dominio do xogo. Con todo, Pao adiantaba as alacantinas culminando en gol unha boa xogada elaborada das universitarias e o Burela víase obrigado a arriscar no tramo final do partido en busca dun empate que chegaba aos 36 minutos, por mediación de Peque, tras unha gran xogada pola ala. Coa repartición de puntos, ambas as escuadras afástanse do Ponte Ourense e Femesala Elche.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores