Noticias
4 de abril de 2012
Dende Croacia ata a ED EON Burela FS

Dende Croacia, aínda que con algunha que outra escala, a Copa de Europa de Fútbol Sala, último título de España, chegou a semana pasada ata a ED EON Burela FS na mellor compaña posible, cun dos grandes protagonistas da xesta, con nada máis e nada menos que o seleccionador nacional, Venancio López Hierro.

O técnico, relator no curso de Instrutor de Fútbol Sala Base  2011-12 que organiza a Federación Galega de Fútbol en Burela, completou a súa visita á bisbarra da Mariña xunto ao alumnado da escola laranxa, compartindo experiencias e anécdotas. Ao final da xornada, os nenos puideron inmortalizar o momento xunto á Copa e ao seleccionador, ademais de ser agasallados con autógrafos do prestixioso convidado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores