Noticias
4 de abril de 2012
Turero rematará a tempada no Automoción La Junquera, de Segunda B

O canteirán Rubén García Freije, máis coñecido como Turero, rematará a tempada nas filas do Automoción La Junquera de Vilagarcía de Arousa, militando na Segunda División B. O CD Burela FS Pescados chegou a un acordo co club pontevedrés para a incorporación do ala mariñán na recta final da competición, loitando polo asentamento na categoría.

O xogador trabadense, de 21 anos, debutou en 2009-10 na antiga División de Prata da LNFS co Burela FS, club co se proclamou campión da Liga Nacional (2006-07 e 2007-08) e da Copa Nacional (2006-07) en idade xuvenil. Defendendo a Selección Galega Sub-20, tamén se fixo co título do Campionato de España por Comunidades en 2008-09 e 2009-10. En 2010-11, Turero alternou a tempada entre o Balticflora Teplice, na Primeira División de Chequia, e o CD Rececende Superti A Pontenova, en Primeira Nacional A.

Dende as filas burelistas, o club deséxalle ao xogador o mellor na súa nova etapa lonxe de Burela para que poida demostrar a súa calidade e consolidar a súa traxectoria no mundo do fútbol sala.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores