Noticias
9 de abril de 2012
O Xoula-Ribadeo dobrega o líder, Concello de Friol (2-1)

No descanso do Panificadora del Eo, en Autonómica, as boas noticias seguen chegando ao Ribadeo FS. O Concello de Friol, líder indiscutible e campión dos tres últimos campionatos de Provincial Feminina, sufriu a súa primeira derrota da tempada na Mariña ao caer derrotado, o pasado venres, ante o Xoula (2-1). A pesar de non poder contar co persoal ao completo, o equipo de Martínez callou un excelente encontro ante, sen dúbida, o mellor equipo da categoría, que moi ben podería ser un dos equipos destacados de Autonómica.

A primeira metade foi de total dominio das locais, que contaron con numerosas opcións de marchar ao descanso cunha vantaxe de dos ou tres goles máis, obstaculizados polas boas intervencións da porteira visitante, Tatiana, e pola mala sorte das ribadenses, que estrelaron dous balóns nos paus. O Xoula adiantouse no marcador por mediación de Elvira ao aproveitar un rexeitamento ao seu propio tiro de Tatiana. Aínda que as ribadenses dominaban o encontro, o Concello de Friol puxo táboas no marcador antes de marchar ao descanso, tras o lanzamento dunha falta próxima á área local, que Covi conseguiu transformar despois de que o balón fose desviado pola barreira fóra do alcance de Antía.

A segunda metade plasmou a dinámica dos momentos iniciais, cun equipo ribadense con ganas de vitoria que asfixiaba a portería visitante. Unha marabillosa xogada tras unha excelente triangulación, Ana, Eva, Elvira, finalizou co balón nas mallas da portería de Friol impulsado por esta última. Era o 2-1 e o segundo da súa conta particular, que resultou inamovible ao final do encontro.

Este resultado reduce distancias entre o inalcanzable líder Friol e o Xoula, segundo clasificado agora a 6 puntos a falta dun encontro para finalizar a competición. O Friol debe visitar a cancha do quinto clasificado Quiroga, mentres que o Xoula recibirá a visita do último, Becerreá.

Autonómica. O Panificadora del Eo recibirá a visita do pechacancelas, Mesón Río Ulla de Vedra, o vindeiro sábado, día 15.

Ficha técnica

Xoula-Ribadeo FS: Antía, Ana, Eva, Elvira (2) e Sabela, cinco inicial; tamén xogaron Tania Penabad e Yoli.

Concello de Friol FS: Tatiana, Claudia, Covi (1), Mabel e Alicia.

Árbitros: Fernando Bello Gómez e Marisa Blanco Lamas, da delegación de Lugo. Mostraron cartón amarelo a Covi, do Friol.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores