Noticias
16 de abril de 2012
O Panificadora resarce a súa seca goleadora á custa do Mesón Río Ulla (13-1)

O Panificadora del Eo-Ribadeo equilibrou a súa seca de goles na visita do Mesón Río Ulla, de Vedra, pechacancelas da táboa. Ao descanso, o 5-0 era un resultado curto para o que se puido presenciar no municipal ribadense. Elvira e Elena, cun ‘hat trick’ cada unha, foron as goleadoras dun encontro, con dominio e asedio absoluto das locais.

Ana foi a encargada de inaugurar a conta goleadora cando aínda non transcorrera o minuto 5. Posteriormente, Elvira, Nuria, Arancha e Iria completaron o traballo da primeira metade para marchar ao vestiario cunha clara vantaxe.

A continuación foi un calco do primeiro período. De novo Elvira e Sabela subiron o 6-0 e 7-0 ao luminoso e, aínda que as de Vedra o intentaron con porteira-xogadora nos minutos iniciais, o seu único gol chegou ao saque dunha falta ao bordo da área defendida por Antía. O 8-1 foi obra Tania Penabad ao rematar unha bonita xogada levada ao primeiro toque. Elvira conseguiu o seu ‘hat trick’ no 9-1 e Elena tomou as rendas subindo o 10-1, 11-1 e o 13-1 en menos de 5 minutos. O 12-1 foi obra novamente de Arancha.

Esta vitoria permítelles ás ribadenses asegurar a 11ª posición con 22 puntos, mellorando así a clasificación da pasada tempada. O equipo de Martínez visitará na próxima xornada ao Marcón de Vigo, cuarto con 55 puntos, que opta a xogar a promoción de ascenso a Segunda.

Provincial feminina. O Xoula non puido disputar o encontro correspondente á última xornada, ao non comparecer o pechacancelas, Becerreá, por causas descoñecidas. Á espera do inicio da Copa Provincial, as mozas ribadenses finalizan a liga cun merecido 2º posto, con 48 puntos, na que se alza campión o Concello de Friol.

Provincial masculino. O Ribadeo FS comezará a Copa recibindo o Baamonde FS, o vindeiro sábado (17.00 horas) no municipal ribadense.

Ficha técnica

Panificadora do Eo-Ribadeo FS: Antía, Ana (1), Eva, Elvira (3) e Elena (3), cinco inicial; tamén xogaron Tania Penabad (1), Sabela (1), Nuria (1), Arancha (2) e Iria (1).

FSF Mesón Río Ulla: Valeria, Alejandra, Vanessa, Ainoa e Marta (1), cinco inicial; tamén xogaron Laura e Ivanca.

Árbitros: David Castro e Elena Veres, da delegación de Lugo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores