Noticias
17 de abril de 2012
O Burela FS visita o Azkar no inicio da Copa Xuvenil

O Burela FS visitará este domingo o Azkar Lugo na primeira xornada da Copa de Xuvenís de Fútbol Sala.

No Grupo Norte, os rapaces de Iván Cao, Lucas, enfrontaranse ademais, en sistema de liga a dobre volta, co Cidade de Narón FS e C. Mar Cidade de Viveiro, nun total de seis xornadas ata o 27 de maio.

Autos Lobelle FS, AD Bueu, IES Coruxo e Leis Pontevedra FS compoñerán o Grupo Sur.

 

Outra festa para Burela

A vila burelá e Vista Alegre terán o privilexio de acoller a fase final da Copa  tras a liga, coa data aínda sen determinar. Ás semifinais accederán os dous primeiros clasificados de cada grupo, con partido único.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores