Noticias
19 de abril de 2012
O Burela FS chama á porta do podio en derbi galego, na cidade das Burgas

O Burela FS Pescados Rubén chama esta semana á porta do poido en derbi galego, coa visita ao Cidade das Burgas na vixésimo quinta xornada de Primeira. A cita, no pavillón dos Remedios, arrancará o sábado ás 16.30 horas.

A tan só un puntiño da terceira praza, o cadro laranxa intentará non desaproveitar o encontro, aínda que a súa entrada no trío de privilexiados non se presenta con moitas papeletas para esta xornada, debido á maior accesibilidade de calendario do Móstoles (51), terceiro, e Ponte Ourense (53), segundo, que visitarán o Rubí (14 puntos) e Diamante La Rioja (18 puntos), respectivamente, fuxindo dos postos de descenso.

Nunha excepcional liña de xogo e resultados, o Burela FS buscará unha nova vitoria ante un rival que, dende o seu actual décimo posto, pelexa por asentarse no ecuador clasificatorio na súa segunda tempada na elite. Javier Pardeiro ve o Cidade das Burgas como “un equipo cun estilo de xogo moi definido, forte na súa pista e no contragolpe”. “Debemos ter especial coidado co xogo directo e coas segundas xogadas, xa que aproveitan moi ben esa faceta” explicou o técnico burelista.

Para cumprir o obxectivo, “a escuadra laranxa deberá controlar os tempos do partido e buscar a perfección nas xogadas de estratexia ante un rival que pecha moi ben os espazos. Este pode ser un factor deteminante para que os tres puntos viaxen á Mariña” puntualizou o adestrador.

As Burgas tamén chegará ao derbi con moitas ganas de puntuar tras as derrotas ante o Ponte (1-4) e Córdoba (5-2), resultados que se decidiron nos últimos minutos.

No último enfrontamento irmandiño da liga, o vestiario de Javier Pardeiro non terá asegurada a participación de Maite, por sobrecarga; Haydee, cunha tendinite rotuliana que lle impediu adestrar con normalidade durante a última semana; nin Jozi, que arrastra molestias musculares.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores