Noticias
22 de abril de 2012
O Burela FS non puido pasar do empate (1-1) ante o Martorell

Intentouno ata o último momento o equipo de Julio Delgado, pero non puido ser. O cadro laranxa dominou o xogo e dispuxo das mellores ocasións ao longo dos corenta minutos pero o gol en inferioridade a raíz da expulsión de Ique (vermella directa no minuto 6) condicionou en exceso un partido apaixonante que, non obstante, deixou un sabor de boca amargo en Vista Alegre.

Marc Areny abriu o electrónico para os visitantes na xogada de vantaxe, co Burela FS con defensa de tres tras a expulsión de Ique. Era a primeira vez que os cataláns chegaban con claridade á meta defendida por Iago e case foi a única na primeira parte. Desde o minuto sete o equipo laranxa impuxo un dominio asfixiante pero non foi quen de anotar ata os minutos finais (1-1. André, minuto 34). Juanma fallou un dobre penalti no minuto 19, pero as ocasións sucedéronse con insistencia: varios balóns aos paus e xogadas de un para un co porteiro visitante deron boa testemuña do dominio burelao.

O empate impídelle ao Burela FS Pescados Rubén tocar os postos de play off e fai que o partido deste mércores ante o Barcelona (Vista Alegre. 21.00 horas) teña aínda máis importancia para as aspiracións laranxas nesta liga.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores