Noticias
30 de abril de 2012
Contundente vitoria do Xoula sobre o Sporting Rabadense (8-0)

O Xoula-Ribadeo materializou unha contundente vitoria sobre o Sporting Rabadense (8-0) na Copa Provincial. As visitantes só se achegaron á portería local nunha única ocasión ao comezo da segunda metade, que Antía desviou sen apuros.

Ana, Elena e Eva, en dúas ocasións, foron as goleadoras da primeira metade, mentres que Elvira, Tania, Yoli e Nuria foron as da segunda. Tamén xogaron Antía, Sabela e Iria.

Este resultado permítelles ás ribadenses liderar o Grupo A, á espera de visitar o Viveiro FSF a próxima xornada.

Provincial masculina. O Ribadeo FS toma o mando no Grupo B da Copa ao derrotar a domicilio o CD Cubelas FS (0-3). Ao descanso xa se chegaba co resultado de 0-2. Sergio foi o protagonista do encontro ao conseguir dous dos tres tantos do equipo ribadense. A próxima xornada será de descanso para os xogadores mariñáns.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores