Noticias
30 de abril de 2012
Vista Alegre acollerá a Final Provincial de benxamíns e alevíns, o 5 de maio

Burela e o pavillón Vista Alegre terán a honra de acoller a fase final do Campionato Provincial de Deporte Escolar nas categorías benxamín e alevín. Será o vindeiro sábado, 5 de maio.

No conxunto anfitrión, o ED EON Burela FS, recaerá o privilexio de abrir a xornada nas dúas categorías. Os alevíns laranxas mediranse ao Azkar Lugo ás 10.30 e unha hora máis tarde farano os benxamíns ante o Lumieira, da cidade amurallada. O segundo encontro alevín está previsto para as 12.30 horas, entre o ED Lourenzá e o Lumieira. Praia de Covas e Salesianos, tamén dende a capital luguesa, protagonizarán o último encontro da mañá, na categoría benxamín, ás 13.30 horas.

Xa pola tarde, as pugnas polo terceiro e cuarto posto darán paso ás finais. 

 


10:30 horas: ED EON BURELA FS-AZKAR PRONE  (Alevín)
11:30 horas: ED EON BURELA FS-LUMIEIRA   (Benxamín)
12:30 horas: ED LOURENZÁ-LUMIEIRA   (Alevín)
13:30 horas: PRAIA DE COVAS-SALESIANOS  (Benxamín)

 

16:00 horas:  3º- 4º POSTO  (Alevín)
17:00 horas: 3º-4º POSTO  (Benxamín)
18:00 horas: FINAL ALEVÍN
19:00 horas: FINAL BENXAMÍN

 

20:00 horas: Entrega de medallas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores