Noticias
6 de xuño de 2012
Xoula Ribadeo-FSF Lucense, nas semifinais da Copa Provincial

As semifinais da Copa Provincial Feminina depararán o cruzamento entre o Xoula Ribadeo FS, primeiro clasificado do Grupo A, e o FSF Lucense, segundo do B. Será o vindeiro sábado, 9 de xuño, na Casa do Deporte de Lugo.

Finalizou a liga de clasificación cun Xoula que non coñece a derrota, 6 partidos, 18 puntos, 29 goles a favor e 3 en contra. Os últimos 3 puntos conseguiunos ante o Donapel Monterroso o pasado sábado en Ribadeo, ao que venceu por 6-2. Ana (2), Eva, Yoli e Nuria (2) foron as autoras dos goles ribadenses; tamén xogaron Antía, Elena, Elvira, Carla Bolaños e Tania Penabad. O Viveiro FSF foi o segundo clasificado do grupo, con 8 puntos.

O Xoula-Lucense comezará ás 17.00 horas e a segunda semifinal enfrontará o Quiroga FSF, primeiro do grupo B, co Viveiro FSF. A final medirá as vencedoras ás 20.00 horas.

Copa Provincial Masculina. O Ribadeo FS disputará a final da Copa ao superar por 3-2 o Concello de Baralla no partido de volta de semifinais. No partido de ida o resultado fora favorable aos mariñáns por 5-6. O Ribadeo adiantouse no marcador por mediación de Jacobo cunha excelente vaselina. Na segunda metade, os de Baralla conseguiron igualar o marcador, pero de novo Jacobo roubou un balón na zona media e el mesmo se encargou de pór o 2-1. Pouco máis tarde, Sergio, un dos xogadores máis destacados, conseguiu facerse cun balón cando os visitantes atacaban con porteiro-xogador e materializar o 3-1. O Concello de Baralla maquillou o resultado co 3-2 a poucos segundos do final. A final disputarase o vindeiro sábado, ás 19.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores