Noticias
25 de xuño de 2012
A ED EON Burela FS, subcampioa alevín en Betanzos

A ED EON Burela FS conseguiu un novo éxito e novo trofeo para a vitrina laranxa esta fin de semana, no VII Torneo Cidade de Betanzos. O conxunto alevín proclamouse subcampión despois dunha rifadísima final ante O Parrulo Ferrol, que se decidiu na sorte dos penaltis, tras o empate 1-1.

O equipo burelista accedeu á fase final despois de vencer ao Azkar Lugo (4-3) e Deportivo Atalantes (1-8) e empatar co Troula Betanzos (2-2). Nas semifinais impúxose ao EDM Concello de Curtis (4-1).

Os máis pequenos, tamén pelexaron moito na categoría benxamín, en tres partidos emocionantes da fase de grupos, nunha xornada na que as esixencias ante O Parrulo (7-2) e EDM Concello de Curtis (8-5) non lles impediron despedirse do campionato cun contundente 3-10 ante o anfitrión.

Fase de grupos

O PARRULO FERROL FS 7-2 ED EON BURELA FS (Benxamín B)
ED EON BURELA FS 4
-3 AZKAR LUGO FS (Alevín A)
TROULA BETANZOS FS 2-2 ED EON BURELA FS (Alevín A)
EDM CONCELLO CURTIS 8-5 ED EON BURELA FS (Benxamín B)
DEPORTIVO ATALANTES 1-8 ED EON BURELA FS (Alevín A)
TROULA BETANZOS FS B 3-10 ED EON BURELA FS (Benxamín B)

Semifinais e finais

ED EON Burela FS 4-1 EDM Concello de Curtis (Alevín)

FINAL ALEVÍN: *O Parrulo Ferrol 1-1 ED EON Burela FS
*Gañador nos penaltis
 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores