Noticias
2 de xullo de 2012 Foto: LNFS
A LNFS reúnese mañá para decidir o futuro de Primeira e Segunda

Ante as innumerables chamadas interesándose polo futuro do CD Burela FS, manifestamos o seguinte:

O CD Burela FS satisfixo os dereitos para a súa participación na Segunda División da LNFS para a tempada 2012-13.

A xunta directiva da LNFS reunirase o martes 3 de xullo para analizar a documentación dos clubs asociados e determinará as entidades que integrarán tanto a Primeira coma a Segunda División.

Polo momento, ao CD Burela FS non lle se comunicou a dispoñibilidade de ningunha praza en Primeira. O CD Burela FS é equipo de pleno dereito na Segunda División da mellor liga do mundo.

Se se producisen descensos, non inscricións ou calquera outra causa que puidera dar lugar ao ascenso do Burela FS, a xunta directiva do club laranxa reuniríase para tomar unha decisión ao respecto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores