Noticias
2 de xullo de 2012
Pescados Rubén abandeira o proxecto do Burela FS 2012-13

A empresa mariñá Pescados Rubén SL renovará o seu fiel compromiso co CD Burela FS para a vindeira tempada. O principal patrocinador da entidade laranxa ao longo dos seus dez anos de historia continuará abandeirando o proxecto tanto dos equipos séniors, que pecharon un exitoso exercicio na Primeira División Feminina e na Segunda Masculina, coma da formación na escola deportiva.

Dende o nacemento do sentimento laranxa, alá por 2001, o inestimable apoio de Pescados Rubén contribuíu a crear unha estrutura sólida, coa consolidación do Burela FS masculino, que dende 2003 milita na Segunda División con nada máis e nada menos ca sete fases de ascenso á elite, e o afianzamento da formación de base, cunha escola deportiva que dende 2007 traballa con máis de 150 nenos/as. A compañía tamén aposta dende hai tres tempadas de forma moi especial polo proxecto feminino da Primeira División.

O patrocinador do Burela FS Pescados Rubén, con sede no concello lugués de Foz, conta cunha experiencia de máis de tres décadas na comercialización nacional e internacional de produtos do mar e posúe un cadro de preto dun centenar de empregados.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores