Noticias
3 de xullo de 2012
A LNFS aproba a composición da Primeira División para 2012-13

A Xunta Directiva da Liga Nacional de Fútbol Sala, reunida este martes en Madrid, aprobou a composición da Primeira División para a tempada 2012-2013. O conxunto de clubs que integrarán esta categoría será presentado na Asemblea Xeral, que se celebrará o vindeiro xoves 12 de xullo, para a súa aprobación definitiva.

A Xunta Directiva analizou con detemento as consecuencias da actual situación socioeconómica e aprobou un plan de actuación para as próximas dúas tempadas, co fin de establecer as bases dun proxecto sólido e cuxo principal obxectivo radique en conseguir unha Liga máis competitiva, composta por clubs que teñan consolidada a súa estrutura deportiva, organizativa, social e económica e, especialmente, que conten cun gran potencial de crecemento.

A máxima categoría do fútbol sala español estará composta para a próxima tempada 2012-2013 polos seguintes equipos: FC Barcelona Alusport, ElPozo Murcia, Inter Movistar, Caja Segovia, Lobelle Santiago, Triman Navarra, Umacon Zaragoza, Puertollano, Fisiomedia Manacor, Ríos Renovables Ribera de Navarra, Azkar Lugo, Marfil Santa Coloma, Gáldar Gran Canaria e Burela Pescados Rubén.

 

[+ inf. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores