Noticias
9 de xullo de 2012 Foto: Fundación Imdecum
Brillo laranxa para o podio do Memorial Rodrigo Maseda Lozano

A base do CD Burela FS pechou esta fin de semana o traballo 2011-12 con brillo laranxa para o podio do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base 2012 ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’, que acolleu na Mariña 8 clubs, 27 equipos e máis de 300 deportistas dende o venres pasado.

Tras a fase final disputada onte no pavillón burelao de Vista Alegre, a representación cadete fíxose coa segunda e terceira praza, os infantís remataron terceiros e o conxunto alevín A proclamouse subcampión; os máis pequenos recibiron o recoñecemento de equipo máis deportivo. O cadete burelista Hélder Gonçalves foi nomeado mellor xogador da categoría.

O acto de clausura contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro; o alcalde de Burela, José María González Barcia; e Cesarina Fanego e Rubén Blanco, representando a Pescados Rubén como membro do padroado da fundación organizadora, xunto a José Ramón Maseda, irmán do homenaxeado, e o presidente de Imdecum, Marcelino Luna.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores