Noticias
13 de xullo de 2012
Alfonso Mera, na Escola de Verán da AD Santiago de Foz

O preparador físico burelista Alfonso Mera impartiu un divertido taller infantil de masaxe e relaxación o mércores pasado en Foz. A actividade, que tivo lugar no pavillón do Cantel, estaba integrada na Escola de Verán que organiza a AD Santiago de Foz durante os meses de xullo e agosto, cunha variada oferta lúdico-deportiva en horario matutino.

Nas primeiras semanas, os nenos e nenas focegos xa gozaron de xogos de coñecemento de grupo, baloncesto, catch-ball, balonmán, habilidades futbolísticas, xogos acuáticos, atletismo…

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores