Noticias
26 de xullo de 2012
Pamplona, primeiro destino para o cadro de Pardeiro en 2012-13 (15 de setembro)

Pamplona será o primeiro destino para o cadro de Javier Pardeiro no comezo da Primeira División; será o 15 de setembro ante o CD Orvina. A Federación Galega de Fútbol fíxolle chegar ao Burela FS Pescados Rubén o calendario oficial esta mañá.

A Primeira División Feminina estará composta por 16 equipos, coa presenza de 4 galegos. Xunto ás burelistas e navarras, competirán Gironella, Ponte Ourense, Cajasur Córdoba, Soto del Real, Atlético de Madrid, FSF Móstoles, Alicante, Cidade das Burgas, Valladolid, FSF Rioja, coas novidades do Roldán (Murcia), Centelles (Barcelona) e Viaxes Amarelle (A Coruña) e o regreso do madrileño Ciudad de Alcorcón.

O primeiro derbi irmandiño para as laranxas será na pista do Ponte Ourense, o 29 de setembro. Vista Alegre estrearase nestas lides o 24 de novembro fronte ao Cidade das Burgas; na segunda volta, tocaralles ás pontinas, o 9 de febreiro, e ás do Amarelle, o 2 de marzo.

O peche do ano coincidirá coa décimo terceira xornada, o 22 de decembro, na bomboneira co novel Roldán. As burelistas retomarán a liga en 2013 o 12 de xaneiro, na casa do Atlético de Madrid.

As mariñás rematarán a competición o 18 de maio de 2013, lonxe de Vista Alegre medíndose ao Cajasur Córdoba.

 

Primeira xornada

Gironella-Ponte Ourense
Orvina-CD Burela FS Pescados Rubén
Cajasur Córdoba-Soto del Real
Atlético de Madrid-Viaxes Amarelle
Roldán-FSF Móstoles
Ciudad de Alcorcón-Universidad de Alicante
Cidade das Burgas-Valladolid
FSF Rioja-Centelles

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores