Noticias
6 de agosto de 2012
O prazo para a matrícula nas ED EON Burela FS 2012/13 ábrese o vindeiro 20 de agosto

A escola deportiva EON Burela FS abrirá o prazo de matrícula o vindeiro 20 de agosto, ata o 14 de setembro de 2012. A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97 – entresollado). Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a. Pasaranse cotas trimestrais de 60 euros para os socios/as ao corrente do seu abono e de 75 euros para os non socios/as. As datas de cargo serán 15 de novembro, 15 de xaneiro e 15 de abril.

Os alumnos/as das ED recibirán a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, polo, bolsa, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. A tenda Living Sport, distribuidora oficial do club, encargarase de xestionar o material, que ten un custo real de 175 euros dos que só terán que pagar os pais e nais 100 euros, xa que o club se fará cargo dos 75 euros restantes por alumno/a.

A escola laranxa estará integrada por catro categorías (entre prebenxamín e infantil). Tanto cadetes como xuvenís seguirán a pertencer ás categorías do club. Pola súa banda, a dirección da ED EON Burela FS ten programada unha reunión con pais e nais do alumnado o 17 de setembro para explicar a programación do curso máis polo miúdo.

Todas as persoas interesadas poden obter información nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 581 815.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores