Noticias
8 de agosto de 2012
Nacho Pedraza, novo reforzo para un Burela FS de Primeira

O Vicepresidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, presentou onte nas oficinas do club ao ala madrileño Ignacio Pedraza Rodríguez, procedente de Puertollano. O xogador mostrouse “moi ilusionado co novo proxeto do club laranxa en División de Honor” e convencido de que “o público en Vista Alegre daranos moitos puntos, pois será fundamental puntuar na casa”. Pola súa parte, Manuel Blanco non dubidou en destacar “o compromiso de Nacho Pedraza e súa bagaxe en equipos de primeiro nivel, o que lle aportará experiencia ao equipo”.

Pedraza, de 28 anos, militou con anterioridade en equipos tan significativos no panorama do fútbol sala español como Carnicer Torrejón e Gestesa Gualadajara. Asemade disputou un play off de ascenso a Honra e un campionato de España coa selección de Madrid.

Para o madrileño, a tempada en Primeira preséntase apaixonante “pois, excluíndo aos tres ou catro primeiros, os demais manteremos un nivel moi parello e esperamos facer un bo papel”. Neste sentido afirmou que “o obxectivo é sen dúbida facer un gran papel na que será primeira tempada do Burela FS na máxima categoría”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores