Noticias
13 de agosto de 2012
Lara Balseiro volve “á que considero a miña casa, deportivamente falando”

A xogadora mariñá regresa con “ilusións renovadas” á disciplina do equipo feminino logo da súa estancia en Poio durante a pasada tempada. Lara considera que “volvo á miña casa deportivamente falando, logo dun ano no que puiden gozar de moitos minutos en Segunda División”.

Lara Balseiro Candia, de 19 anos, foi subcampioa de España coa selección galega infantil, ademais de formar parte da selección cadete feminina. No seu palmarés figuran, entre outros, o subcampionato de Liga cadete feminina (tempada 2008-09) e a Copa Galicia 2009 co Burela FS Feminino Pescados Rubén.

“A miña intención é seguir sumando neste proxecto tan apaixoante”, afirmou “evolucionar e pelexar con equipos moi bos. Non será doado, pero confío en que estaremos á altura”. Polas características da competición, a Copa de España “é o trofeo que me gustaría gañar co Burela FS”, ao que considera “o club máis profesional e que mellor traballa, e como proba está o feito de que é o único que aos dous equipos en Primeira División”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores