Noticias
13 de agosto de 2012
Comezan os adestramentos do equipo feminino

O equipo feminino inicia a tempada 2012/2013 co obxectivo de reeditar a excelente campaña anterior. A escuadra dirixida por Javier Pardeiro comeza un novo desafío na Primeira División ás 12.00 horas do martes día 14, cunha sesión inicial nas instalacións da Marosa.

A falta de concretar as datas, os rivais de pretemporada serán o Ribadeo FSF, Cidade As Burgas, Valdetires Meiras e Viaxes Amarelle, estes últimos enmarcados na disputa da XXII Copa de Galicia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores