Noticias
16 de agosto de 2012
Enrique Cánovas, directo ao Mundial Universitario

O burelista Enrique Cánovas partiu este mediodía con rumbo a Braga, directo ao Campionato Mundial Universitario para defender a España entre o 18 e 25 de agosto.

O novísimo peche, que a tempada pasada alternou ElPozo de Primeira coa capitanía do filial de Segunda, despediuse da preparación do Burela FS Pescados Rubén esta mañá ata o 26 de agosto, na busca dun novo éxito para o fútbol sala da Vermella.

Lista de convocados da Selección Española Universitaria: Enrique Cánovas Ambit e Rafael García Aguilera (Bebe), da Universidade de Murcia; José Antonio Ortiz Mancha (Boli) e Claudio da Silva Barrionuevo, da Universidade de Málaga; Javier Sena Latorre (Sena), Rafael José Ara Caballero (Rafa Ara) e Pedro Jerónimo García Vilar, da Politécnica de Valencia; Federico Pérez Garrido (Fede), UCAM; Pablo del Moral, de Cartaxena; Juan Jesús Pardo Vallejo (Juanje) e Pablo Osuna Ayala, de Granada; e Carlos Martínez Oviedo (Carlitos), da de Valladolid.

España quedou encadrada no Grupo B xunto ao Brasil, Omán e Kazajistán. No A, competirá o anfitrión, Portugal, fronte a Francia, Acerbaixán e Irán. No C, estarán Rusia, República Checa, China e Nixeria y finalmente no D, Ucraína, Tailandia, Israel e Polonia.

 Mañá a Selección Universitaria, de Manuel Luiggi Carrasco ‘Moli’, completará a súa primeira xornada de adestramento, que continuará tamén o sábado, un antes do seu debut ante Kazajistán. O día 25 de agosto,  último día de competición no que se decidirá dende o campión ata o décimo sexto clasificado, o combinado nacional regresará a Madrid, dende onde os xogadores se reincorparán aos seus equipos.


Campionato Mundial Universitario ‘Braga 2012’

Sábado 18 de agosto

22:00 horas: Francia - Portugal

Domingo 19 de agosto

09:30 horas: Israel - Polonia
09:30 horas: Nixeria – China
11:45 horas: Tailandia  - Ucraína
11:45 horas: República Checa – Rusia
16:45 horas: Acerbaixán – Irán
19:00 horas: Omán – Brasil

Luns 20 de agosto

09:30 horas: China – República Checa
09:30 horas: Polonia - Tailandia
11:45 horas: Ucraína - Israel
11:45 horas: Rusia - Nixeria
14:30 horas: Kazajistán - Omán
16:45 horas: Irán - Francia
19:00 horas: Brasil - España
19:00 horas: Portugal – Acerbaixán

Martes 21 de agosto

09:30 horas: Tailandia - Israel
09:30 horas: Ucraína - Polonia
11:45 horas: Rusia - China
11:45 horas: República Checa - Nixeria
16:45 horas: Omán - España
16:45 horas: Brasil - Kazajistán
19:00 horas: Francia – Acerbaixán
19:00 horas: Portugal – Irán

Xoves 23 de agosto

14: 30 horas: Cuartos de Final. Segundo Grupo A – Primeiro Grupo C (1)
16:45 horas: Cuartos de Final.  Segundo Grupo B – Primeiro Grupo D (2)
19:00 horas: Cuartos de Final.  Primeiro Grupo A – Segundo Grupo C (3)
19:00 horas: Cuartos de Final.  Primeiro Grupo B – Segundo Grupo D (4)

Venres 24 de agosto

19:00 horas: Semifinais Gañador 1-4
19:00 horas: Semifinais Gañador 2-3

Sábado 25 de agosto

14:00 horas: Medalla de Bronce
18:30 horas: Final

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores